Habilidade
O avión / A mariola
Debúxanse casas numeradas no chan e emprégase unha pedra ou peza plana. En «O avión» lánzase a pedra a unha casa e percórrese o cadro á pata coxa
Descrición
Como se xoga
Debúxanse casas numeradas no chan e emprégase unha pedra ou peza plana. En «O avión» lánzase a pedra a unha casa e percórrese o cadro á pata coxa, saltando esa casa e recolléndoa ao volver. Na mariola hai variantes nas que tamén se empurra a peza co pé. Pisar unha liña ou lanzar fóra da casa correspondente fai perder a quenda.
Fonte: Arquivo de XOTRAMU.
Vídeos do xogo
Vídeos relacionados con este xogo. Os materiais históricos de XOTRAMU foron realizados en colaboración coa Fundación TIC da Deputación de Lugo.
A mariola · Abrir en YouTube ↗