Imaxe ilustrativa de A ChaveImaxe ilustrativa
Puntería

A Chave

Galicia Familiar

Xogo tradicional de precisión con modalidades en distintas zonas de Galicia.

Descrición

A chave presenta varias modalidades en Galicia. En Ferrolterra utilízase unha chave cunha soa pa que vira sobre un eixo horizontal.

Como se xoga: variante de Ferrolterra

A liña de lanzamento sitúase a 10,5 metros da chave. Xógase en equipos de tres persoas e cada xogadora ou xogador lanza cinco pellos en cada man, alternando as quendas cos membros do outro equipo.

Para puntuar, o pello debe facer virar a pa unha volta completa. Cada chave válida vale un punto. As dimensións do material, a orde de lanzamento e o resto das normas poden variar noutras zonas.

Consulta as regras completas da chave de Ferrolterra no arquivo de XOTRAMU.